GRIPE + ANIMAL = MEDO DE CARALLO!!!
Parece que está de moda que todos os anos teñamos una enfermidade rara que nos meta o medo no corpo. Enfermidades que acollonan de carallo porque sempre van acompañadas do nome dun animal, porque o certo é que se lle añades ao nome de calquera enfermidade o nome dun animal xa veredes como dan moito máis cague… Arrefriado de gorila, lumbalxia de avestruz, cancro de elefante. Por que credes que agora póñenlle nome á gripe coas letras do Abecedario?, pois porque o abecedario só da medo aos ignorantes.
O máis curioso do tema é que, se fai uns anos a famosa gripe do polo curábase cun medicamento chamado Tamiflú, agora resulta que a gripe porcina ou gripe A ou como hostias lle chamen xa, tamén se cura co Tamiflú ese do carallo. Entón isto danos que pensar… que pasa có medicamento ese?, é un milagroso cura todo?, ou o tema ese das pandemias de gripe son só unha escusa para vendernos pastilliñas de cores a prezo de Cristiano Ronaldo?.
Nós polo de pronto, aconsellamos non consumir moitas letras ”A”, non vaian a contaxiarse. Aínda que sinceramente comezamos á crer que a clave de todo isto está no nome do medicamento: TIMAflú.
Saúdos Retranqueiros, A Santa Compaña.
Saúdos Retranqueiros, A Santa Compaña.
3 comentarios:
Pois agora que se sabe que todas as gripes probeñen das que collen as aves, avera que ter coidado cas gaivotas que enchen as nosas ruas. saúdos
Deixando caer que o Xabarín anda de capa caída. Xa non é o que era, pero bueno, a cada cocho lle chega o seu San Martín, nunca mellor dito.
Gran número, como nos tedes acostumados.
kingallino
¿ Cando colgaredes os números en Zinio
http://www.zinio.com/home?ns=esp
?
veña xa! psss... é mais ecolóxico.
Publicar un comentario