lunes, 13 de septiembre de 2010

RETRANCA PREMIO OURENSE Á MELLOR INICIATIVA DE BANDA DESEÑADA 2010 !!



O Premio Ourense de Banda Deseñada, que outorga anualmente a Casa dá Xuventude de Ourense e a Concellaría de Cultura para distinguir importantes iniciativas e traxectorias dentro deste sector, recaeu este ano na revista RETRANCA. A revista de humor galego, publicada dende o 2007 por Kiko da Silva, é a única publicación en galego deste tipo que logrou chegar aos 3 anos de vida sen subvencións.

O galardón será entregado no transcurso da inauguración das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, o próximo mes de outubro, e consiste nun trofeo elaborado expresamente para cada edición deste certame polo artista plástico Manolo Figueiras.

Creada en outubro de 2007, Retranca está dirixida por Kiko da Silva e ten como obxectivo facer humor gráfico sen censura e politicamente incorrecto. Pola revista pasaron case a totalidade dos humoristas gráficos galegos actuais e viron a súa obra traducida moitos autores españois, arxentinos e chilenos , unha publicación que deu ademais a oportunidade de publicar a novos valores do humor gráfico tanto galego como español e converteuse nunha cita mensual (aínda que actualmente sae bimestralmente por mor da crise) cós quioscos galegos.

A piques de celebrar o noso 3º Cabodano (si, como todo o mundo dixo que esta revista estaba morna xa nada mais nacer, pois celebramos o noso enterro), non sabemos canto durará Retranca, pero o que xa é certo é que por primeira vez na historia do humor galego podedes gozar dunha publicación irreverente e que se botará moito de menos se chega a desaparecer... se non queredes laiarvos como cando A Nosa Terra anuncio o seu peche, xa sabedes mercade Retranca!!!... só así poderemos seguir dando caña e amosando todo aquelo que a chamada Prensa seria nunca publicará !!!.

Saúdos retranqueiros e moitas grazas a todos/as os que nos ledes (e mercades) que fixeches posíbel que hoxe en día sigamos aquí, tocando os collóns aos políticos.

A Santa Compaña.